O Concello de Vilasantar recibe da Xunta de Galicia un remolque para a atención de emerxencias

ACoruñaXa
Enmárcase na liña de subvencións para a adxudicación de equipamento de emerxencia aos municipios de menos de 50.000 habitantes
Imaxe do remolque para atención de emerxencias en Vilasantar
Imaxe do remolque para atención de emerxencias en Vilasantar
7 Xul 2024

O Concello de Vilasantar vén de recibir un remolque equipado para a atención de emerxencias, na liña de subvencións para a adxudicación de equipamento de emerxencia aos municipios de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Deste xeito, o persoal de Protección Civil de Vilasantar desprazouse á Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) da Estrada para recoller o remolque, que vén equipado cunha electro bomba somerxible, unha motobomba para augas residuais, un xerador de electricidade portátil, 30 conos tetrápodos, unha rozadoira, un bidón para combustible de 5 litros, un casco con pantalla e auriculares, un maletín cun disco de dúas puntas, outro de tres, dous lentes e uns auriculares; e un arnés para a rozadoira.

O remolque tamén ven equipado cunha torre de iluminación con dous focos, un rollo de 25 metros de cable e dúas maletas de balizamento e sinalización; ademais dunha motoserra.

Este equipamento enmárcase no programa operativo Feder-Galicia 2021-2027, co fin de favorecer a adaptación ao cambio climático e a prevención do risco de catástrofes, así como a resiliencia, tendo en conte os enfoques baseados nos ecosistemas.

0.09761381149292