O Concello de Vilasantar organiza un campamento de Entroido

ACoruñaXa
O horario será de mañá e poden participar nel os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos
Entroido recurso
Entroido recurso
30 ene 2024
O Concello de Vilasantar organiza o 12 e 14 de febreiro en horario de mañá un campamento de Entroido.
O horario será de 10.00 a 14.00 horas e poden participar nel os nenos e nenas de 3 a 12 anos. O campamento celebrarase no CEIP de Présaras.
As persoas interesadas en apuntar aos seus rapaces nesta actividade deberán facelo antes do xoves 8 de febreiro a través da páxina web do Concello ou entregalo en dependencias municipais. As prazas asignaranse por orde de inscrición, dando prioridade aos nenos e nenas empadroados no municipio. As follas de inscrición pódense entregar en dependencias municipais ou na sede electrónica do Concello de Vilasantar. Para máis información pode chamarse ao 981 77 82 57