O Concello de Vilasantar organiza tres obradoiros de beleza e coidado persoal en Présaras

ACoruñaXa
As actividades, gratuítas e abertas ao público, incluirán talleres de manicura, maquillaxe e peiteados durante o mes de novembro
VILASANTAR maquillaje
4 Nov 2025

O Concello de Vilasantar continúa coa súa programación de actividades sociais e de ocio e organiza para este mes de novembro tres obradoiros centrados no coidado persoal e a creatividade. Todas as sesións desenvolveranse no local social de Présaras e están dirixidas a diferentes públicos, desde a rapazada ata persoas adultas.

O primeiro será o Taller de Manicura, previsto para o martes 11 de novembro ás 17.00 horas. Nel, as participantes poderán aprender técnicas básicas para coidar e decorar as unllas.

O venres 21 de novembro, ás 18.00 horas, celebrarase a Mini Make Up Party, unha cita pensada para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, na que poderán divertirse con maquillaxe, purpurina e outras sorpresas.

Por último, o martes 25 de novembro ás 17.00 horas terá lugar o Taller de Peiteados, no que se ensinarán técnicas para realizar peiteados con prancha, lisos e ondas.

Estas actividades forman parte do programa 'Corresponsables', promovido pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade, coa colaboración do Concello de Vilasantar.

⚙ Configurar cookies
0.072125911712646