O Concello de Sada inicia a renovación do campo de fútbol de Carnoedo

ACoruñaXa
O proxecto incluirá céspede artificial de última xeración, novo sistema de rego e adaptación ambiental do recinto deportivo
Imaxe do campo de fútbol de Carnoedo
27 Ago 2024

O Concello de Sada deu comezo recentemente ás obras de renovación do campo de fútbol de Carnoedo, que serán realizadas pola empresa Calfensa Proyectos. Esta reforma, cun orzamento de 471.000 euros, ten un prazo de execución de oito meses, polo que a finalización dos traballos está prevista para a primavera de 2025.

O proxecto inclúe a instalación de céspede artificial de última xeración, un novo sistema de rego e un peche perimetral. O campo será adaptado para a práctica tanto de Fútbol 11 como de Fútbol 8, cunas dimensións de 102x60 metros, segundo as normas NIDE. Tamén se instalará unha rede de saneamento e recollida de pluviais, e un sistema de rega composto por 6 aspersores emerxentes, un programador e un depósito de 15.000 litros.

A renovación rematará coa adaptación ambiental e paisaxística do recinto, que incluirá soleiras perimetrais, un peche con rede parabalóns e o pintado do muro de formigón. A concelleira de Deportes, Rebeca Mouriño, destacou que este proxecto responde ao compromiso do goberno local de mellorar as instalacións deportivas e atender as demandas históricas dos clubs de Sada.

0.091795921325684