O Concello de Ordes celebra o Entroido o luns 12 e o sábado 17 de febreiro
O Concello de Ordes e a Asoación Cultural de Festexos de Ordes últiman os eventos para festexar o Entroido cos seus habitantes. Deste xeito a primeira das citas será o luns 12 de febreiro coa 'Festa do Entroido' no Pavillón Polideportivo Campomaior. Despois a festa continuará o 17 de febreiro co tradicional 'Sábado de Piñata'.
O luns 12 de febreiro a partir das 16.30 os máis cativos poderán desfrutar de inchables, obradoiros e xogos. Ás 22.00 haberá un concerto da man da Orquestra Orixe e da disco móvil CDC. Ademais haberá un premio de 300 euros para o maior grupo de desfraces ou con relación entre si.
Todos os interesados en participar no concurso deberán anotarse no mesmo día no interior da carpa, onde haberá duas persoas encargadas de tomar nota do número de participantes disfrazados. No momento de anotarse deberán estar presentes todos os participantes no disfraz, que ten que ser igual ou da mesma temática. A hora límite para anotarse é a 1.30horas. Non hai número máximo de participantes, pero cantas máis persoas veñan disfrazados máis posibilidade haberá de gañar.
Mentres que o o dí 17 haberá dende as 17.00 un Festival Cirquense e un desfile de comparsas e carrozas por todo o pobo.