O Concello de Oleiros impulsa o voluntariado 'Camiñamos' todos os martes

ACoruñaXa
A primeiras das xuntanzas para camiñar será o martes 12 de marzo en Santa Cristina
Imaxe recurso de persoas camiñando nunha ruta de senderismo
9 Mar 2024

A área de voluntariado de Oleiros organiza todos os martes do mes de marzo paseos nas nove parroquias do que conforman o Concello a través da iniciativa 'Camiñamos'.

A primeiras das xuntanzas será este martes 12 de marzo na parroquia de Perillo de 11.00 horas a 12.00 horas. O punto de reunión será na Praza Afundida en Santa Cristina, diante do edificio de Turismo.

O percorrido terá unha dificultade baixa polo que todo tipo de persoas poden participar na actividade. Ademais, non é preciso reservar praza nin inscribirse.

Cartel de Camiñamos en Oleiros
0.13511896133423