O Concello de Oleiros comeza coa preparación das festas

ACoruñaXa
O Goberno municipal reuniuse coas comisións de festas para informar sobre distintas cuestións relacionadas coa organización das festas nas distintas localidades do concello
Imaxe do Castelo de Santa Cruz en Oleiros
13 Apr 2024

O Goberno municipal de Oleiros reuniuse coas comisións de festas para informar sobre distintas cuestións relacionadas coa organización das festas nas distintas localidades do concello, co obxectivo de acadar a mellor coordinación posible. No encontro participaron representantes de todas as entidades.

O Concello presta, desde sempre, un importante apoio ás comisións aportando recursos humanos, medios materiais e os espazos públicos necesarios. Nesa liña de axuda, ante as trabas lexislativas impostas desde Xunta e Estado, o Concello colaborará na elaboración dos plans de seguridade que as comisións estean obrigadas dispoñer para organizar as festas. En canto ao horario de finalización das verbenas queda fixado para as 3 da madrugada, deixando a media hora posterior para o desaloxo.

Durante o encontro tamén se abordaron cuestións relativas a seguros, atraccións, prazos de solicitude de permisos, pirotecnia, necesidades de mellora dos espazos de celebración das festas...

Tanto o alcalde, Ángel García Seoane, como a concelleira de Seguridade Cidadá, Marga Figueroa, aproveitaron o encontro para agradecer unha vez máis a todas as persoas que forman as comisións o seu altruísta e xeneroso traballo en defensa da cultura dos pobos.

0.16377806663513