O Concello de Oleiros comeza a cobrar o 100 % do IBI a Audasa, incrementando a recadación en 44.753 euros

ACoruñaXa
O alcalde critica a bonificación anterior e destaca que a medida permitirá unha recadación moito máis xusta para o municipio
Imaxe dunha carreteita de Audasa
23 Ago 2024

O Concello de Oleiros aplicará desde este ano o cobro do 100 % do IBI á empresa Audasa, que ata o pasado ano se beneficiaba dunha bonificación do 95 % por unha normativa franquista de 1972, prorrogada ata 2023 por decisión do Goberno de José María Aznar. Esta medida permitirá ao Concello incrementar significativamente os ingresos, pasando a recadar 47.108,52 euros en vez dos 2.355,43 euros que se recadaban anteriormente.

O alcalde, Ángel García Seoane, destacou que “a empresa da Autopista do Atlántico, que nos cobra cada vez que circulamos por ela, non pagaba impostos debido a unha lei franquista e a decisión de Aznar en 2000. Varios concellos xa adoptaron esta medida e agardo que outros fagan o mesmo, para que recuperemos parte do que nos está quitando esta empresa”.

Este cambio permitirá ao Concello de Oleiros obter unha recadación máis equitativa e xusta, reflectindo unha postura máis activa na defensa dos intereses económicos do municipio.

0.17294812202454