O Concello de Miño saca a licitación os postos e servizos das praias do municipio

ACoruñaXa
Saen a concurso postos de comida, food trucks, quioscos, a escola de pádel-surf, o alugueiro de hamacas e o parque acuático
Imaxe da playa de Perbes en Miño
Imaxe da playa de Perbes en Miño
11 jun 2024

O Concello de Miño licita os diferentes postos e servizos nas praias do municipio para o próximos catro anos. A data límite para a presentación de solicitudes é pasadomañá, xoves 13 de xuño, ás 13.00 horas.

Neste sentido, concretamente, saca a concurso o quiosco da praia de Ribeira (por un prezo mínimo de 500 euros ao ano); dous quioscos (cun prezo basee de 1.500 euros ao ano) e a escola de pádel-surf (que parte de 900 euros anuais e a súa concesión será tan só dun ano) en Perbes; e catro quioscos (1.500 euros/ano cada un), tres postos de food trucks (que partirán de 900 euros ao ano), un posto de hamacas (300 euros/ano), un posto de xeados artesáns (900 euros/ano), e o parque acuático (900 euros anuais) na Praia Grande.

O período de apertura é de xuño a setembro para todos os servizos a licitar, a excepción do quiosco de Ribeira, o bar náutico e o pádel-surf da praia de Perbes, que abrirán de xuño a agosto.

As persoas interesadas deberán presentar no Rexistro do Concello, en sobre pechado, a súa oferta económica segundo o modelo que se pode atopar na web municipal. Ademais, é requisito indispensable ingresas 250 euros nas contas habilitadas do Concello, que responderá do mantemento da oferta no caso de resultar adxudicatario. No caso de non resultar adxudicatario, esta contía devolverase integramente.