O Concello de Miño recolleu 12 mil quilos de roupa no 2023

ACoruñaXa
O Concello de Miño recolleu 12.
Miño Contedores1
23 Xan 2024

O Concello de Miño recolleu 12.050 kg de produtos téxtiles durante o ano 2023. Así o amosan os datos recollidos pola Iniciativa Social Emprendedora de Reciclaxe Téxtil de Galicia (INSERTEGA), entidade coa que colabora co goberno local.

As cifras reflicten que desde xaneiro de 2023 os dez contedores repartidos por todas as parroquias do municipio recolleron de 11,9 toneladas de roupa que se xestionaron con criterios ambientais, evitando así que se xerasen 37,81 toneladas de CO2.

Deste xeito o Concello de Miño demostra a súa firme aposta pola reciclaxe. A tenente de alcalde, Catalina Morado, explicou que esta acción promove a loita contra o cambio climático e o malgasto de recursos, especialmente con este tipo de residuos. Ademais, a membro do goberno local destacou que o Roupeiro municipal entrega unha parte importante da roupa tanto a persoas vulnerables do pobo como á asociación de apoio aos refuxiados dá guerra de Ucraína AGA – Ucraína.

0.12664699554443