O Concello de Curtis repartirá 9.000 euros en premios coa campaña 'O Teu Pobo Premia'
O Concello de Curtis lanzou por quinto ano consecutivo a campaña "O Teu Pobo Premia", coa que se repartirán un total de 9.000 euros en premios entre a veciñanza. Esta iniciativa ten como obxectivo fomentar o consumo local nos establecementos de comercio e hostalería do municipio.
A campaña consistirá nun sorteo de 30 premios, cada un cun valor de 300 euros, que serán canxeables nos negocios adheridos á iniciativa. O sorteo realizarase o venres 15 de novembro de 2024.
Nos próximos días, os establecementos do concello comezarán a repartir rifas entre os seus clientes para participar no sorteo. Desde o Concello destacan a importancia desta iniciativa, que busca dinamizar a economía local e apoiar aos comercios e hostalería de Curtis, incentivando o consumo entre os residentes.
O concelleiro de Comercio e Promoción Local, explicou que “esta campaña é unha oportunidade para agradecer á veciñanza o seu compromiso co comercio de proximidade e impulsar o crecemento do sector local nun momento no que é máis necesario que nunca”.