O Concello de Curtis organiza unha excursión á exposición de Helmut Newton na Coruña
O Concello de Curtis, vén de informar que dende a súa Área de Benestar Social e Igualdade e a través do CIM, organizan unha excursión o vindeiro martes 23 de abril á exposición do fotógrafo Helmut Newton na cidade da Coruña organizada pola Fundación Marta Ortega.
Neste sentido, a saída realizarase o martes 23 de abril. A visita será gratuita e guiada para todas aspersoas interesadas. Para poder participar será necesario realizar unha inscrición na Casa do Concello en Teixeiro ou no nas oficinas municipais de Curtis. Ademais, tamén pode facerse por teléfono no 981 789 003 ou no 981 777 105.
O obxectivo, coa excursión, indica a concelleira deBenestar Social e Igualdade, é o de crear un ambiente inclusivo e relaxado onde as participantes teñan a oportunidade de coñecerse, compartir experiencias e establecer conexións significativas.