O Concello de Curtis formaliza queixas para que a oficina bancaria de Teixeiro manteña a atención presencial

ACoruñaXa
O goberno local remitiu reclamacións ao director da sucursal, á dirección de zona e ao servizo de atención ao cliente da entidade, e pide á veciñanza usuaria que presente tamén escritos para reforzar a demanda
CURTIS sucursal santander
21 Jan 2026

O Concello de Curtis move ficha para evitar cambios no servizo presencial da oficina bancaria de Teixeiro. Segundo informou o consistorio, xa foron remitidas queixas formais tanto ao director da oficina como ao director de zona e ao Servizo de Atención ao Cliente da entidade, co obxectivo de que se manteñan os horarios de atención cara ao público.

Dende o Concello insisten en que a mobilización da veciñanza é clave para darlle máis forza á reclamación institucional. Por iso, recomendan ás persoas usuarias da sucursal que presenten tamén as súas propias reclamacións, tanto no Servizo de Atención ao Cliente como na propia oficina, ao considerar que este paso resulta determinante para respaldar as queixas xa trasladadas.

O Banco de España lembra que, para tramitar unha reclamación ante o supervisor, é obrigatorio reclamar primeiro ante os servizos de atención ao cliente (ou defensores do cliente) da propia entidade.

⚙ Configurar cookies
0.082121133804321