O Concello de Curtis convoca tres reunións veciñais o 29 de decembro para facer balance e avanzar os plans de 2026

ACoruñaXa
Haberá encontros en A Illana, Paradela e Curtis ao longo do día, con asuntos como as actuacións executadas no 2025, as obras previstas para o 2026 e a nova delimitación de parroquias
Recinto Ferial Curtis
28 Dec 2025

O Concello de Curtis celebrará o luns 29 de decembro de 2025 unha rolda de reunións veciñais en tres puntos do municipio para informar da xestión realizada e recoller achegas de cara ao próximo ano. O obxectivo é achegar a administración local á veciñanza e ofrecer un espazo de diálogo directo sobre cuestións de interese xeral.

A primeira cita será en A Illana, ás 12.00 h, no local social. Pola tarde haberá un segundo encontro en Paradela, ás 16.30 h, tamén no local social. A xornada pecharase xa en Curtis, ás 20.00 h, no salón do recinto feiral.

Entre os asuntos a tratar figuran o repaso das actuacións e programas executados ao longo do 2025 e a exposición das obras que o Concello prevé impulsar no 2026. Ademais, informarase do acordo plenario relativo a unha nova delimitación das parroquias no termo municipal, un punto que se presentará para aclarar o seu alcance e resolver dúbidas.

⚙ Configurar cookies
0.077543020248413