O Concello de Curtis celebrou a primeira marcha nórdica do mes de abril

ACoruñaXa
O vindeiro 19 de abril realizarase outra xornada en Curtis
Imaxe da xornada de marcha nórdica en Teixeiro
Imaxe da xornada de marcha nórdica en Teixeiro
8 abr 2024

A área de Deportes do Concello de Curtis  ven de celebrar o 5 de abril a primeira marcha nórdica  en Teixeiro na que participaron 18 persoas do municipio.

Os participantes recibiron consellos sobre a técnica e postura por parte dous instrutores da Agrupación de Montañeiros Independentes

Durante a actividade realizaron un percorrido polo paseo fluvial do Carregal. O vindeiro 19 de abril realizarase outra xornada en Curtis ás 17.30 horas.

Todas as persoas que estean interesadas en acudir aínda están a tempo de inscribirse chamando ao Concello no números 981 777 105 e 981 789 003.