O Concello de Curtis celebrou a primeira marcha nórdica do mes de abril
ACoruñaXa
O vindeiro 19 de abril realizarase outra xornada en Curtis
8 Abr 2024
A área de Deportes do Concello de Curtis ven de celebrar o 5 de abril a primeira marcha nórdica en Teixeiro na que participaron 18 persoas do municipio.
Os participantes recibiron consellos sobre a técnica e postura por parte dous instrutores da Agrupación de Montañeiros Independentes
Durante a actividade realizaron un percorrido polo paseo fluvial do Carregal. O vindeiro 19 de abril realizarase outra xornada en Curtis ás 17.30 horas.
Todas as persoas que estean interesadas en acudir aínda están a tempo de inscribirse chamando ao Concello no números 981 777 105 e 981 789 003.