O Concello de Culleredo renuncia aos fondos EDUSI
O Partido Popular de Culleredo manifestou o seu o malestar pola perda do financiamento europeo procedente dos fondos EDUSI no municipio. Privación da que culpa ao alcalde socialista José Ramón Rioboo pola xestión do seu goberno.
A portavoz municipal popular, Izaskun García, sinalou que: “A falta de poder concretar cifras debido a que o equipo de goberno non sabe ou non quere ofrecer os datos, estimamos en 1,5 millóns de euros o que Culleredo perdeu dos fondos europeos que tiña asignados”.
Os populares apuntan que debido á perda destas axudas non se poderán realizar proxectos financiados cos fondos europeos por non ser executadas antes do 31 de decembro do 2023. Este é o caso do Centro Social 'As Oliveiras', das melloras de accesibilidade do Centro Cívico de Orro e do itinerario das vías integradas entre as parroquias de Culleredo e Celas.
Izaskun García insiste na nula capacidade de xestión e control do alcalde, José Ramón Rioboo, e dos seus concelleiros: “Boa mostra diso é que o seu concelleiro de obras descoñecía que un dos proxectos que se ían a financiar cos fondos europeos, agora incluírono no Plan Único da Deputación”. Tamén quixo criticar o prexuízo que está a sufrir Culleredo nas súas infraestruturas e para facer un chamamento á ausencia continuada do alcalde nas instalacións do Concello.