O Concello de Culleredo organiza unha excursión a Viveiro para o próximo 24 de agosto, cun total de 100 prazas dispoñibles para os interesados. O prazo para a preinscrición abre hoxe, 31 de xullo, e pecharase o 8 de agosto. As persoas interesadas poden inscribirse no Edificio de Servizos Múltiples de O Burgo, no segundo andar, ou a través dos teléfonos 981 66 55 97 e 649 40 76 04.
Unha vez realizada a preinscrición, a formalización da inscrición debe completarse antes do 12 de agosto para os empadroados en Culleredo e antes do 13 de agosto para os non empadroados, mediante o pagamento do transporte.
O custo total da excursión é de 26 euros, que inclúe a comida, a visita guiada e o baile. Este importe deberá abonarse ao guía no mesmo día da excursión. O menú constará de fideuá, ternera asada no seu xugo, tarta de galleta con chocolate, bebida e café, e será servido no restaurante ‘O Castelo’.
O transporte terá un custo de 10 euros con desconto (para socios do Club +65, voluntariado, familias numerosas, demandantes de emprego no SEPE e persoas con certificado de discapacidade) ou 13 euros sen descontos.
O Concello anima a todos os veciños a aproveitar esta oportunidade para disfrutar dunha xornada de lecer e cultura en Viveiro.