O Concello de Culleredo brinda axudas aos escolares que acoden a comedores non xestionados pola Xunta

ACoruñaXa
A contía total que distribúe o Concello ascende a 61.406,78 euros, beneficiando a 75 alumnos de 67 familias diferentes
Imaxe recurso dun comedor escolar
18 Jul 2024

O Concello de Culleredo concede axudas aos escolares que acoden a comedores non xestionados pola Xunta de Galicia e, polo tanto, non poden optar ás subvencións autonómicas. A contía total que distribúe o Concello ascende a 61.406,78 euros.

Son un total de 75 becas as otorgadas polo Concello a alumnos nesta casuística. Proceden dun total de 67 familias.

Tras a publicación do listado de beneficiarios e tras completar o período de aceptación ou renuncia ás axudas, os servizos municipais ultiman agora a tramitación para efectuar o pago das contías. Cada beneficiario recibe, como media, unha axuda que ronda os 800 – 1.000 euros.

O Concello de Culleredo realizará novas convocatorias desta liña de axudas. A iniciativa impulsada polo goberno local busca favorecer a estas familias que carecen da axuda da administración galega. Acoden a colexios concertados ou públicos cun comedor que xestiona o ANPA.

As axudas diríxense ás etapas de educación infantil e primaria. Para a valoración das solicitudes seguíronse criterios de renda da unidade familiar, problemas de incompatibilidade horaria das persoas proxenitoras e situación sociofamiliar, entre outros.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16664600372314