O Concello de Carral pide axuda á Xunta para afrontar o importante aumento da poboación
Alternativa dos Veciños de Carral informa de que en breve sairán ao mercado as case 300 vivendas que quedaran paralizadas pola crise do 2008 no municipio.
Neste sentido, case 300 vivendas do centro urbano de Carral foron desbloqueadas recentemente pola Sareb, o que provocará a medio prazo un importante incremento da poboación neste municipio. Ante esta realidade, o alcalde ten solicitado á Xunta a construción dunha nova depuradora de fecais, xa que a actual leva anos obsoleta.
O Concello solicitará tamén á Xunta que se faga cargo do mantemento da rede de auga potable, que agora administra Emalcsa.
Estas vivendas foran vítimas da crise do 2008 e hai pouco tempo foron adquiridas por distintos promotores para rematar de construilas e sacalas ao mercado.