O Concello de Carral organiza con AFACO un curso para coidadores de persoas con demencia
ACoruñaXa
O programa desenvolverase entre o mes de abril e maio, ao longo de catro sesións e será necesario inscribirse previamente
11 Apr 2024
O Concello de Carral organizará, xunto con AFACO, o curso 'Coidados compartidos'. Esta acción formativa está integrada dentro do programa que o Concello mantén coa entidade e, con ela, búscase brindar formación aos coidadores e coidadoras de persoas con demencia neurodegenerativa.
O programa desenvolverase entre o mes de abril e maio, ao longo de catro sesións. En abril, celebraranse o 17 e o 24, mentres que en maio terán lugar os días 8 e 15. O horario das clases será de 18.00 a 20.00 horas no edificio social Toñito Espiñeira.
Todas as persoas interesadas en participar deberán inscribirse chamando ao teléfono 981 61 35 20 ou escribiendo ao correo serviciossociales@carral.es.