O Concello de Carral modifica o Desfile de Reis pola previsión de mal tempo

ACoruñaXa
As visitas polas parroquias quedan canceladas, e a comitiva dependerá das condicións meteorolóxicas
reis-magos-cabalgata
5 Jan 2025

O Concello de Carral anunciou cambios no programa do Desfile de Reis debido á previsión de meteoroloxía adversa para o domingo 5 de xaneiro. As visitas das Súas Maxestades polas parroquias quedan canceladas para garantir a seguridade de todos os participantes.

Segundo informou o Concello, se ás 19:00 horas as condicións meteorolóxicas o permiten, as nenas e nenos que estaban inscritos para acompañar os Reis recolleranse no punto previamente indicado para continuar cun pequeno traxecto ata o Polideportivo do Espiño. No caso de que a climatoloxía sexa desfavorable, os Reis dirixiránse directamente ao Polideportivo sen realizar o percorrido.

O Concello lamenta os inconvenientes que poidan xurdir por estes cambios, pero subliña que a decisión se toma para salvagardar o benestar dos menores e de todos os asistentes ao evento.

0.16434693336487