O Concello de Betanzos xa supera as 200 inscricións para a I Xuntanza de Maiores

ACoruñaXa
A actividade busca promover a convivencia e o ocio activo entre a poboación senior da localidade
maiores-betanzos
31 Jul 2025

O Concello de Betanzos vén de anunciar que xa son máis de 200 as persoas anotadas para participar na primeira edición da Xuntanza de Maiores, unha iniciativa dirixida a pensionistas e veciñanza maior de 60 anos. A actividade busca promover a convivencia e o ocio activo entre a poboación senior da localidade.

A cita contará cun programa lúdico que inclúe sesión vermú, comida e música en directo. O ambiente estará amenizado polo grupo musical Compás e polos grupos de gaitas de Betanzos, que porán a nota tradicional á xornada.

O Concello mantén aberto o prazo de inscrición en dous espazos municipais: o Local Social de Pintor Seijo Rubio (números 8-10), os martes e xoves de 17.00 a 19.00 horas; e o Local Social de Maiores da Praza Irmáns García Naveira, os venres no mesmo horario.

Desde o Goberno local salientan a boa acollida desta primeira edición e animan ás persoas interesadas a inscribirse nas vindeiras semanas.

⚙ Configurar cookies
0.1912829875946