O Concello de Betanzos pon en marcha un programa de prevención no ocio nocturno
Betanzos iniciará, coincidindo coa Semana Santa, un programa de prevención comunitaria no ocio nocturno a través de Servizos Sociais que se prolongará ao longo de todo o ano.
A alcaldesa, María Barral, presentou o pasado venres o programa de accións que xurden polos cambios e as formas de ocio da xente moza nos últimos anos con respecto ás xeracións pasadas, “unha realidade á que os municipios e cidades deben atender dentro da súa axenda social”, apuntou Barral.
Neste sentido, a realidade social e os cambios de espazos de socialización e as formas de interacción da rapazada, entrando en xogo variables como o uso das tecnoloxías e das redes sociais; o abuso de drogas legais a idades temperás, xunto con discursos e actuacións sexistas que poden ter calado nas novas xeracións fan necesario “poñer en marcha un programa de prevención que inclúa actuacións en diferentes ámbitos”.
Outro dos aspectos que inflúen é o auxe dos locais de ocio nocturno en detrimento do espazo democratizador da rúa. O Concello non é alleo a esta panorámica global, observándose nos últimos tempos un incremento dos problemas relacionados cun ocio nocturno irresponsable, coa afluencia de xente moza provinte tamén doutras cidades próximas, ruído ambiental nas noites de ocio, queixas veciñais polos horarios dos locais, rexistro de menudeo, agresións entre a mocidade e a violencia sexual a algunha menor.
Aínda que os datos que se manexan dende os diferentes servizos municipais como son os Servizos Sociais, Policía Local, Garda Civil…non alertan dunha situación crítica, si que informan de que é preciso desenvolver, segundo a alcaldesa, “políticas públicas encamiñadas á prevención comunitaria no eido do ocio nocturno, dende un enfoque constructivo, e tendo en consideración moi especialmente tanto á xuventude como aos diferentes axentes sociais implicados. Só así poden desencadearse cambios profundos e transformadores dende un enfoque baseado na convivencia”.
O programa municipal busca reducir las conductas de risco nocturnas entre los jóvenes, disminuir su impacto ambiental y social, promover hábitos nocturnos saludables, colaborar con los locales de ocio nocturno en la implementación de protocolos y guías, y formar al personal para fomentar un ocio seguro y libre de estereotipos sexistas, en coordinación con diversos actores comunitarios.
A campaña denominaráse #Aquexogas? Coñece as normas. Tí decides”
A primeira acción será durante esta Semana Santa e estará centrada na prevención do consumo de alcohol e outras drogas.
O programa desenvolverá actuacións de carácter preventivo no ocio nocturno, “no que vemos a necesidade de actuar para previr o abuso no consumo de alcohol e no uso doutras substancias psicoactivas, dende o perspectiva da sensibilización, a información e formación dos distintos colectivos implicados”.
A intervención centrarase na creación dun punto de sensibilización en áreas de lecer nocturno, con paneis informativos sobre drogas e os seus efectos, dirixidos por persoal especializado. Incluiranse códigos QR para acceder a vídeos e ligazóns relacionadas co tema, fomentando a reflexión sobre as razóns do consumo de drogas. Este punto contará con actividades de realidade virtual, como un circuito con lentes simuladoras dos efectos negativos das drogas no corpo e na mente. Ademais do punto fixo, establecerase un punto itinerante onde o persoal especializado interactuará cos mozos na rúa ou nos locais de lecer. Utilizaranse folletos informativos e outros materiais preventivos, como un "rasca e gaña", para resaltar as consecuencias negativas do consumo de drogas, e crearanse materiais personalizados para a difusión da mensaxe preventiva.
Esta actividade completaráse nas vindeiras semanas con outras accións como unha de carácter formativo denominada “Lecer nocturno responsable”. Estará enfocada ao persoal de locais de hostalería que interveña no desenvolvemento de actividades de lecer nocturno en discotecas, pubs, cafeterías, etc., ben sexan como titulares dos establecementos, ou ben como organizadores de eventos, persoal de seguridade, de sala, de control de accesos, de barra ou calquera persoal auxiliar ou de servizos. Ademais de ofrecer formación sobre como actuar fronte ao uso abusivo do alcohol e doutras drogas na poboación, tamén se proporcionará un marco de referencia para unha mellor prevención e actuación en caso de posibles danos colaterais, como incidentes, liortas, etc. Impartirase de forma presencial cunha duración de catro horas ao longo dunha mañá, utilizando dinámicas de grupo, resolución de casos prácticos, soportes audiovisuais, dípticos informativos, etc.
Unha terceira pata da campaña estará centrará en “conversadoiros comunitarios”. Realizaranse charlas coloquio con asociacións, colectivos e axentes sociais sobre substancias adictivas e os seus efectos. Estas intervencións susténtanse en estratexias de influencia, senso o seu obxectivo fundamental o de incrementar o nivel de coñecementos e modificar actitudes fronte ás drogas e as adiccións mediante unha información veraz, de calidade e ben presentada. O programa tamén terá outra serie de accións en canto a prevención da violencia sexual e outras violencias machistas para tentar atallar a problemática da violencia sexual entre a xente moza.
Puntos violeta e 'Mapeando o medo'
Entre elas, estableceráse un protocolo de colaboración fronte ás agresións sexuais nos locais de ocio nocturno: 'Betanzos en violeta'. Elaborarase este protocolo en estreita coordinación con propietarios e propietarias máis persoal empregado dos locais de ocio nocturno betanceiro, así como coas forzas e corpos de seguridade que operan no municipio. Cada local adherido a este protocolo recibirá un adhesivo que o identificará como espazo seguro fronte ás agresións sexuais, visible para a cidadanía.
Ademáis crearáse un Punto violeta en festas patronais e eventos multitudinarios. A instalación deste tipo de puntos de sensibilización para a poboación, nos que se ofrece información e asesoramento fronte ás violencias machistas, con especial énfase na violencia de tipo sexual, levan desenvolvéndose xa no Concello dende o ano 2022, como proxecto piloto, se ben foron perfeccionándose no ano 2023 durante a Feira Franca Medieval e as Festas Patronais do San Roque, incluídas as dúas xiras dos Caneiros, e contando con persoal externo especializado.
A alcaldesa explicou que dentro de este bloque de actuacións do programa desenvolveráse a denominada 'Mapeando o medo'. En colaboración con asociacións veciñais, colectivos de mulleres e asociacións xuvenís “realizaranse diferentes encontros de participación para mapear a cidade brigantina, identificando puntos negros, zonas pouco seguras, de difícil acceso, con pobre iluminación, etc.de cara a rachar coa inseguridade das mulleres e rapazas á hora de voltar á casa ou circular libremente pola localidade. Unha vez trazado este mapa, publicitarase o mesmo nas redes sociais municipais nun formato descargable para o coñecemento da cidadanía”, explicou.
Tamén se crearán os 'Comandos xuvenís da igualdade'. De forma paralela a “mapear o medo” dende o Concello pediráse a colaboración a entidades xuvenís e centros de ensino para crear grupos de personas de entre 16 e 18 anos, que desexen formarse nunha especie de escola de participación da igualdade, para capacitalos de cara a identificar actitudes e comportamentos de risco en violencias machistas, e poder actuar como mediadores nas zonas de ocio nocturno, coa súa correspondente identificación, informando se fose preciso a instancias superiores como servizos sociais comunitarios, CIM ou forzas e corpos de seguridade sobre as súas pesquisas.