O Concello de Betanzos concede licenza para consolidar o emblemático edificio da 'Fábrica da Luz'

ACoruñaXa
A empresa General de Edificios e Solares poderá iniciar as obras de consolidación con un orzamento de 135.319 euros, baixo estrictas medidas de seguridade e documentación
Imaxe da 'Fábrica da Luz' en Betanzos
1 Ago 2024

O goberno local de Betanzos vén de aprobar a licenza de obras para a empresa General de Edificios e Solares, propietaria do histórico edificio coñecido como 'Fábrica da Luz'. Esta licenza permitirá á empresa executar importantes traballos de consolidación e estabilización do inmoble, que conta coa autorización de Patrimonio.

O proxecto, cun orzamento de 135.319 euros, inclúe a consolidación da estrutura da cuberta e dos cerramentos do edificio principal, así como a desmontaxe controlada de elementos deteriorados. Os traballos deberán iniciarse nun prazo de seis meses e completarse en 36 meses, sen interrupcións superiores a seis meses.

A actuación comprende unha detallada documentación fotográfica previa ao desmontaxe, así como a protección e almacenamento seguro dos elementos recuperables. Entre as tarefas principais están a desmontaxe controlada da cuberta e o apuntalamento da estrutura para garantir a estabilidade do edificio durante o proceso. O equipo técnico especializado tamén supervisará a limpeza e reparación dos elementos de cobertura e a adecuación da parcela.

Estes traballos son cruciales para preservar a integridade e a historia do emblemático edificio, que permanecerá baixo estritas medidas de seguridade durante todo o proceso de consolidación.

0.20472097396851