O Concello de Betanzos abre un espazo na súa web para as familias e crianzas
O Concello de Betanzos abriu na súa web un recuncho para as crianzas e as familias.
Coa posta en marcha deste recuncho búscase ofrecer ás familias da contorna betanceira contidos que poidan ser de utilidade sobre como é o desenvolvemento das nosas crianzas nas primeiras idades.
A iniciativa persegue dar información de como se desenvolve un meniño ou meniña dende que nace ata que cumpre os seis anos, abordando aspectos relacionados coa área motora,sensorial, lingüística, social, emocional, comportamental e de autonomía.
Dende o Concello explican que se trata dun espazo de divulgación dentro do Servizo de Atención Temperá, que a entidade oferta ás familias con fillos e fillas menores de 6 anos de idade. Realizaranse publicacións cunha periodicidade mensual.