O Concello de Arteixo construirá un gran espazo de ocio trala compra de 9.300 m² en Os Barreiros
O Concello de Arteixo formalizou a adquisición de 9.300 m² de terenno en Os Barreiros, na parroquia de Monteagudo, que até agora utilizaba como zona de ocio a través de convenios temporais con propietarios locais. A compra, que incluíu tanto terreos rústicos como urbanos, foi valorada en 130.000 euros por técnicos municipais e marca a transferencia definitiva desta área ao patrimonio público do concello.
Este espazo, xa equipado con mobiliario urbano e barbacoas, era un lugar habitual para eventos lúdicos e actividades deportivas. O alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, xunto a técnicos municipais, visitou a zona para avaliar as posibilidades de novas inversións e melloras unha vez que a área pasa a ser propiedade municipal.
A zona de Os Barreiros ofrece múltiples posibilidades de desenvolvemento debido á súa combinación de terreos urbanos e rústicos. Actualmente, é utilizada por diversas asociacións de veciños para organizar eventos e como punto de partida para rutas de senderismo, rutas de bicicleta de montaña e outras actividades recreativas. Coa súa incorporación ao patrimonio municipal, consolidarase como unha das principais áreas de ocio do Concello de Arteixo, permitindo ao concello ampliar e mellorar os servizos públicos nesta área.