O Concello da Coruña subirá o IBI a Audasa tras a anulación das bonificacións estatais

ACoruñaXa
O Concello da Coruña multiplicará por vinte o IBI a Audasa, pasando de 1.312 a máis de 26.000 euros anuais, tras a eliminación das bonificacións estatais
Imaxe dunha carreteita de Audasa
23 Ago 2024

O Concello da Coruña incrementará o Imposto de Bens Inmobles (IBI) á concesionaria da AP-9, Audasa, tras a eliminación da bonificación estatal que a catalogaba como Ben Inmoble de Características Especiais.

Ata agora, Audasa gozaba dunha rebaixa do 95% no IBI, pagando só 1.312 euros anuais. Co fin desta bonificación, a empresa terá que aboar o 100% do imposto, o que se traduce en 26.257 euros ao ano. O primeiro tenente de alcaldesa e voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, subliñou que o Concello está aplicando á concesionaria "a mesma política que eles aplican aos seus usuarios", obrigándoa a contribuír cos seus impostos á mellora dos servizos públicos.

Lage recordou que, de non ser pola decisión do Goberno de José María Aznar de prorrogar a concesión da AP-9, esta sería hoxe unha autoestrada libre de peaxe. Tamén destacou que as bonificacións actuais para os usuarios, como o traxecto de volta gratuíto, son asumidas polo Estado e non pola empresa, o que xustifica a decisión do Concello de non aplicar ningunha bonificación fiscal a Audasa.

0.19644689559937