O Concello da Coruña repasa con entidades veciñais e empresariais da cidade os avances na Cuarta Ronda

ACoruñaXa
A alcaldesa e o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, mantiveron un encontro hoxe en María Pita con distintos colectivos para traballar conxuntamente no deseño dos accesos do futuro vial
Imaxe da reunión do Concello da Coruña con entidades veciñais
20 Jun 2024

Esta mañá de xoves a alcaldesa, Inés Rey, mantivo unha reunión en María Pita con representantes veciñais e empresariais para falar da implantación da Cuarta Ronda, un proxecto impulsado desde o Concello e cuxo proxecto adxudicou recentemente o MITMA.

Na reunión participaron Luisa Varela, presidenta da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana, e outros representantes da entidade. Pola parte empresaria, acudiron á cita Belén Rey e Alberto Rodríguez por parte dos empresarios de Vío; Lucía López e Alfredo Candales por parte dos empresarios de Pocomaco, e Begoña López e Teresa Firvida por parte dos empresarios do polígono de Agrela. A alcaldesa estivo tamén acompañada no encontro polo concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage.

A consecución da Cuarta Ronda foi unha das actuacións impulsadas polo Goberno de Inés Rey durante o pasado mandato, impulso que culminou coa licitación do proxecto, cuxo coste asumirá o Estado a través do MITMA. Desde o Concello estase a traballar xa no deseño dos novos accesos a ese vial que contribuirá a vertebrar o transporte na cidade e dará servizo aos principais polígonos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18372893333435