O Concello da Coruña publica as declaración de bens da corporación municipal
O Concello da Coruña publicou este mércores as declaracións de bens e intereses da totalidade dos concelleiros e concelleiras da Corporación Municipal 2023-2027. A través desta acción o Goberno da cumprimento a normativa estatal e suma esta medidas as xa postas en marcha para aumentar a transparencia.
Entre ditas medidas destaca a aprobación da instrucción 2/2019 de reforma da actividade contractual, mellora dos procedementos e transparencia na contratación ou o cumplimento coa publicación publicación trimestral de tódolos contratos menores do Concello.
O documento pode consultarse no seguinte enlace clicando sobre cada concelleiro amosa o patrimonio de cada un deles que pode variar dende persoas con centos de miles de euros ata mil euros. De seguido vos presentamos un resumo co máis destacado por corporacións políticas:
PSOE
Inés Rey (alcaldesa): no documento aportado indica que ten unha finca urbana na cidade no seu poder, un coche, 10.589 euros na conta corrente e 3.226,83 euros nun fondo de inversión.
José Manuel Laje (Conselleiro de Economía e Planificación Urbana): seis vivendas (unha ao 50%), dúas prazas de garaxe (unha ao 50%), varias fincas, un coche, unha conta corrente de 75.000 euros, outra conta corrente ao 50% con 340 euros e otra ao 50% con 30.000 euros. Tamén ten 70.000 euros nun depósito a prazo ao 50%, dúas hipotecas, dous seguros de vida e un plan de pensións. Ademais de xoias e cadros de arte.
Yoya Neira Fernández (Conselleira de Benestar Social): parte de dúas vivendas (unha en aluger), un turismo, unha conta corrente con 5.000 euros, unha hipoteca e un préstamo.
Gonzalo Castro (Conselleiro de Fomento e Promoción da cidade): parte dunha vivenda, parte de catro fincas, unha conta corrente con 23.846,94 euros e catro turismos no apartado de bens.
Neireda Canosa: parte dunha casa, un coche, unha conta corrente ao 50% con 3.000 euros, un depósito a plazo con 1.500 euros e unha hipoteca.
Francisco Díaz Gallego: parte e dúas vivendas, unha conta corrente con 4.500 euros e dúas hipotecas.
Noemi García: parte de catro vivendas, parte de catro almacéns, parte dun garaxe, parte dun rocho, parte dun solo sen edificar, dous coches (un ao 50%) e unha motocicleta. Tamén, ten 10.000 euros nunha conta corrente, 67.000 euros nunha conta de aforros, unha hipoteca e un seguro de vida.
José Manuel Vázquez: parte de dúas vivendas, dous coches unha conta corrente ao (50%) con 15.600 euros e dúas hipotecas.
Diana Sobral: un coche, unha conta corrente con 7.300 euros e dúas hiportcas.
Juan Ignacio Borrego: dúas motocicletas, unha conta corrente con 5.000 euros, accións, participación nunha sociedade e unha hipoteca.
Montserrat Paz: unha vivenda, once fincas, unha conta corrente con 13.837,78 euros, unha hipoteca e un crédito.
PP
Miguel Lorenzo: tres vivendas, tres prazas de garaxe, dúas parcelas, un coche, unha conta corrente con 69.785,02 euros, unha conta de aforros con 31.897,62 euros, unha hipoteca e un fondo de inversión con 5.033,43 euros.
Roberto Rodríguez: parte dunha vivenda con garaxe, parte de dous coches, unha conta corrente con 10.999,06 euros na conta corrente e unha conta de aforros con 50.331,74 euros. Tamén ten parte dunha hipoteca.
Rosalía López: dúas vivendas, un garaxe, unha conta corrente con 41.032,30 euros, un préstamo, 31.100,49 euros en dondos de inversión, un plan de pensións e participacións nunha sociedade.
Judit Fontela: parte dunha vivenda, parte de dous coches, 3.952,93 euros nunha conta corrente, unha conta de aforros con 93.471,90 euros, unha hipoteca, xoias e obxectos artísticos e participacións en sociedades.
Susana Catalán: unha vivenda con garaxe e parte doutra, un coche,7.600 euros na conta corrente, duas hipotecas e un plan de pensións.
Gonzalo Mora: parte dunha vivenda, parte dun coche, 9.005,00 euros nunha conta corrente,un préstamo,dous planes de pensións, accións do Deportivo da Coruña e do Básquet Coruña.
Carlos San Claudio: ten 1.500 euros nunha conta corrente.
Carmen No Varela: unha vivenda, 27.000 euros nunha conta corrente, 90.000 euros nunha conta de aforros, unha hipoteca, plan de pensións, bonos do BBVA e unha participación nunha sociedade.
Roberto García: dúas vivendas, dous terreos, dous cochese unha motocicleta, un barco, 4.800 euros na conta corretente, unha hipoteca e un reloxo.
José Ramón Amado: tres fincas,14.058,63 euros na conta corrente, un plan de pensións e un reloxo.
Antonio Deus: dúas vivendas, dúas prazas de garaxe, dous turismos e unha motocicleta, 14.600 euros nun conta corrente, tres hipotecas e participacións en sociedades.
Roberto Coira: dúas vivendas, parte dunha casa, parte dunha finca e parte dun solar. Dous coches, 180.000 euros nunha conta corrente, unha hipoteca, accións, fondo de inversións, plan de pensións,un reloxo, cadros e antigüidades.
BNG
Francisco Jorquera: parte dunha vivenda e un garaxe, un coche, 6.442,2 euros nunha conta corrente ao 50%, 15.000 euros nunha conta de aforros ao 50%, accións no xornal Sermos e no Deportivo da Coruña
Avia Veira: parte dunha finca, un coche e unha furgoneta, 1.000 euros na conta corrente, 27.000 euros na conta de aforros ao 50%, un crédito e un plan de pensións.
Mercedes Queixas: catro vivendas, dous coches, 187.227,86 euros nunha conta corrente, 18.991 euros nunha conta de aforros e accións.
David Soto: unha vivenda, un coche, 25.850 euros nunha conta corrente, unha hipoteca, un préstamo e unha participación nunha sociedade.