O Concello da Coruña publica a listaxe de estudantes de FP admitidos no programa Acoreuropa XII

ACoruñaXa
Once mozos e mozas de nove centros de FP da cidade farán estancias en prácticas en empresas de distintos países de Europa
Imaxe do cartel do proxecto FP Europa
24 Maio 2024

Xa están dispoñibles na web municipal do Concello da Coruña as listaxes provisionais do programa Acoreuropa, un proxecto co que o Goberno local apoia a realización de prácticas en empresas de países europeos para alumnado de Formación Profesional de centros educativos públicos da cidade. O prazo de alegacións finaliza o 6 de xuño.

O proxecto conta cun orzamento total de total de 50.448 euros, sendo a aportación municipal de 31.198 euros. O resto está financiado polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE).
Na presente edición os bolseiros e bolseiras son 11 persoas, tituladas entre decembro de 2023 e xuño de 2024, nalgún dos ciclos formativos de grao superior impartidos nos 9 centros públicos asociados ao programa: CIFP Ánxel Casal, CIFP Paseo das Pontes, CIFP Someso, CIFP Escola de Imaxe, IES A Sardiñeira, IES Eusebio da Guarda, IES Fernando Wirtz, IES Ramón Menéndez Pidal e IES Urbano Lugrís. Os graos formativos que realizaron son moi diversos: desde educación infantil a comercio internacional pasando por animación en 3D ou dietética.

As persoas adjudicatarias da bolsa poderán realizar as prácticas do 12 setembro ao 10 decembro de 2024 en seis ciudades europeas: Gzira (Malta), Praga (Rpca Checa), Lisboa (Portugal), Padua (Italia), Cracovia (Polonia) o Viena (Austria).

O programa inclúe os servizos seguintes para cada persoa participante:

  • As viaxes e desprazamentos de ida e volta desde A Coruña até a poboación de destino.
  • Aloxamento no país correspondente durante o período da estadía.
  • Axuda económica para financiar a manutención durante a estadía (1.500,00 euros).
  • Seguro de asistencia sanitaria e de responsabilidade civil.
  • Contrato de formación non laboral por unha empresa do país correspondente durante un período de 90 días.
  • Titorización da estadía e das prácticas formativas por persoal especializado, tanto da empresa coma da organización intermediaria no país de destino.
  • Realización, como mínimo, de dúas xornadas de preparación específica para as persoas participantes no programa.
  • Preparación lingüística, con acceso a un curso en liña nos idiomas dos países de destino, a través da plataforma “OLS” da EU.
  • Tramitación da documentación diante do SEPIE.

O programa Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa vense desenvolvendo dende o ano 2012 (agás en 2021, pola pandemia do Covid), realizando estadías de 3 meses de duración en diversos países europeos, nas que participaron 248 titulados/as de FP, dos que 156 foron de grao medio e 81 de grao superior.

0.19443297386169