O Concello da Coruña presenta a adaptación do proxecto de reforma na contorna das Casas de Franco

ACoruñaXa
O novo proxecto, aprobado polos veciños, elimina a pérgola e a marquesiña e introduce novas prazas de estacionamento e contenedores de residuos
Imaxe do proxecto Casas do Franco
13 sep 2024

Esta mañá, o Concello da Coruña deu a coñecer aos veciños e veciñas das Casas de Franco a adaptación do proxecto de reforma da súa contorna. A vicevoceira do Goberno, Nereida Canosa, e o concelleiro de Urbanismo e Rehabilitación, Francisco Díaz Gallego, presentaron a nova formulación do proxecto, que foi aprobada polos residentes tras atender ás súas novas peticións.

A nova versión do proxecto incorpora unha cota cero en toda a superficie da zona reformada, eliminando as pérgolas e marquesiñas que estaban inicialmente previstas. Ademais, o proxecto incluirá contenedores de residuos en cada portal, así como novas prazas de estacionamento para carga e descarga e prazas para persoas con mobilidade reducida (PMR). Tamén se reservará un espazo para a farmacia na área reformada.

Os veciños e veciñas comprometeronse a expoñer esta adaptación ao resto dos residentes e transmitir a súa confirmación definitiva a comezos da próxima semana. Canosa e Díaz informaron que as obras, que comezarán coa canalización eléctrica, están previstas para retomar este mesmo mes.

0.19143009185791