O Concello da Coruña organiza actividades infantís nos mercados en xuño e xullo
O Concello da Coruña desenvolverá actividades sobre consumo e alimentación saudable nos mercados municipais. Trátase de talleres deseñados para nenos e nenas de 6 a 12 anos co obxectivo de descubrir o valor dos mercados municipais na alimentación saudable dunha maneira lúdica e entretida.
Estas actividades buscan fomentar o consumo de produtos frescos de tempada e proximidade, así como promover hábitos de vida saudables entre os máis pequenos. O Goberno de Inés Rey prosegue coa dinamización dos seus mercados con diferentes actividades para todas as idades co obxectivo de aportarlles un valor engadido a estes espazos de gran importancia para a sociedade.
Actividades
A proposta inclúe dous talleres diferenciados, cada un con obxectivos e dinámicas propias para enriquecer a experiencia dos participantes:
Aventura no mercado
- Duración: 1 hora
- Participantes: Nenos e nenas de 6 a 12 anos
- Lugar: Diferentes mercados municipais
- Obxectivo: Fomentar o espírito de exploración e curiosidade a través dunha procura do "tesouro" que permita aos nenos e nenas coñecer os distintos postos e produtos do mercado municipal.
- Descrición: Os participantes percorrerán o mercado seguindo unhas pistas. En cada posto designado, deberán realizar unha pequena tarefa ata conseguir o "tesouro".
Xogo do prato saudable
- Duración: 1 hora
- Participantes: Nenos e nenas de 6 a 12 anos
- Lugar: Diferentes mercados municipais
- Obxectivo: Explicar aos nenos e nenas a importancia dunha alimentación equilibrada e os beneficios de consumir produtos frescos de tempada comprados nos mercados locais.
- Descrición: A través dun xogo, os participantes descubrirán os alimentos esenciais para unha dieta equilibrada e a súa localización no mercado. Contarán cun gran prato baleiro que irán completando en equipo mediante entretidas probas e preguntas relacionadas cos alimentos e os hábitos de consumo.
Horarios
Cada mercado contará con dúas datas para a realización dos talleres, os cales se levarán a cabo nos seguintes horarios:
- De 10.00 a 11.00: Aventura no mercado
- De 11.15 a 12.15: Xogo do prato saudable
Lugares e datas
Galería de alimentación de Durmideiras - Mercado Municipal
- Martes 25 xuño
- Xoves 4 xullo
Mercado Municipal de Elviña
- Mércores 26 xuño
- Venres 5 xullo
Mercado Municipal de Eusebio da Guarda
- Xoves 27 xuño
- Luns 8 xullo
Mercado Municipal de Monte Alto
- Venres 28 xuño
- Martes 9 xullo
Mercado Municipal de Ramón Cabanillas
- Luns 1 xullo
- Mércores 10 xullo
Mercado Municipal de San Agustín
- Martes 2 xullo
- Xoves 11 xullo
Mercado Municipal das Conchiñas
- Mércores 3 xullo
- Venres 12 xullo