O Concello da Coruña habilita un servizo de canguraxe durante os meses de verán
O Concello da Coruña pon ao dispor das familias da cidade un servizo de canguros que estará operativo durante os meses de verán, do 25 de xuño ao 25 de setembro, nos seis espazos de atención a infancia dos centros cívicos municipais. O Concello aposta por un servizo que é de gran axuda para moitas familias da cidade durante os meses non lectivos do ano.
A preinscrición poderá realizarse do 20 ao 22 de maio nos horarios de apertura do servizo en calquera dos Espazos de Atención á Infancia e Ludotecas Coeducativas. Tamén se poderá facer a preinscrición online na seguinte páxina.
Os solicitantes deberán cubrir a folla de solicitude, presencialmente ou online; ter o expediente actualizado e aportar documentación xustificativa dos ingresos da unidade familiar (ambos proxenitores, se procede): nóminas, último pago de autónomos, prestacións, outros.
A publicación das listaxes de admitidos farase o 11 de xuño no taboleiro dos Espazos de Atención á Infancia e Ludotecas Coeducativas ou no 010.As datas de atención do servizo para o verán de 2024 serán do 25 de xuño ao 10 de setembro nos siguientes horarios para cada espazo:
- Labañou/Os Rosales: de 8.00 A 15.00 horas.
- Castrillón: de 16.00 a 20.30 horas.
- Monte Alto: de 8.00 a 15.00 horas.
- Os Mallos: de 8.00 a 15.00 horas e de 16.00 a 20.30 horas.
- Palavea: de 8.30 a 14.00 horas.
- Mesoiro: de 8.00 a 15.00 horas.
Só se poderá solicitar un único Espazo en horario de mañá e un único Espazo en horario de tarde. De solicitar máis dun Espazo no mesmo horario a solicitude será anulada.
As persoas que precisen a modalidade de atención a domicilio deberán chamar ao Servizo de Canguraxe para facer a correspondente xestión. O teléfono de atención do Servizo de Canguraxe é o 673 132 372 e pode chamarse en horario de 8.00 a 14.00 horas.