O Concello da Coruña destina 325.000 euros a Cáritas para axudar aos colectivos máis vulnerables

ACoruñaXa
A alcaldesa, Inés Rey, e a directora de Cáritas, Pilar Farjas, renovaron os convenios de colaboración entre o Concello e a entidade para 2024
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e a directora de Cáritas Diocesana, Pilar Farjas, asinaron no Palacio Municipal de María Pita os dous convenios nominativos
28 Maio 2024

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e a directora de Cáritas Diocesana, Pilar Farjas, asinaron onte no Palacio Municipal de María Pita os dous convenios nominativos polos que se renova o apoio do Concello ao financiamento de dous dos programas máis importantes que desenvolve a entidade: o programa de axudas sociais, ao que o Concello achega 150.000 euros, e o programa 'Acompáñote', destinado a dar apoio ás persoas maiores que viven soas, que conta cun financiamento municipal de 175.000 euros.

Durante o acto a rexedora subliñou o compromiso "cunha entidade da experiencia e capacidade de Cáritas en dúas áreas que recollen dous dos principais eixes de traballo da Concellaría de Benestar Social: a exclusión e a soidade, moitas veces non desexada, das persoas maiores". 'Acompáñote' é un programa de atención a persoas maiores que se atopan en situación de vulnerabilidade ou soidade e que necesitan axuda de calquera índole para poder seguir vivindo no seu domicilio dunha forma digna e segura.

No referido aos programas de atención social, o Concello da Coruña e Cáritas Diocesana colaboran de forma estreita para dar apoio a persoas e familias vulnerables en risco de exclusión. Neste ano 2024, a Concellaría de Benestar Social mantén convenios nominativos por un importe de máis de tres millóns de euros con entidades que traballan pola inclusión, a loita contra as adiccións, así como a asistencia e axuda a persoas maiores, a infancia, a discapacidade e a defensa dos dereitos e o benestar de persoas enfermas e os seus familiares.

0.19746708869934