O Concello da Coruña adxudica o contrato de subministración eléctrica municipal

ACoruñaXa
O investimento previsto é de 1,9 millóns de euros para un contrato que terá unha duración dun ano, e que será prorrogable por outro máis
bombilla-luz-electricidade
11 Abr 2024

O Concello da Coruña adxudicoulle á empresa Iberdrola o contrato da subministración de electricidade de alta e baixa tensión nas dependencias municipais, un contrato baseado no acordo marco da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

A mediados de febreiro, tamén en Xunta de Goberno Local, aprobouse a proposta de adhesión do Concello á central de contratación da Federación Española de Municipios e Provincias, a FEMP. “Esta adhesión á FEMP formalizouse para que o Concello puidese optar a condicións máis favorables na contratación de obras, servizos e subministracións, aforrando cartos das arcas municipais no que se corresponde coas licitacións. O expediente que hoxe adxudicamos vai precisamente nesta liña de acción”, indicou a alcaldesa.

O investimento previsto é de 1,9 millóns de euros para un contrato que terá unha duración dun ano, e que será prorrogable por outro máis.

0.059422016143799