O Concello da Coruña abrirá unha oficina específica para xestionar as festas nos barrios
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Cultura e Turismo e o IMCE, pon en marcha unha oficina deasesoramento e xestión das subvencións para festas nos barrios para este 2025. Esta iniciativa forma parte das novas achegas impulsadas polo Goberno de Inés Rey ás que as entidades veciñais poderán concorrer este ano,cun máximo de 20.000 euros por asociación e celebración. A inversión total prevista polo Concello elévase a 500.000euros, ademais do apoio loxístico que preste o propio consistorio ás entidades.
“O noso obxectivo con esta iniciativa é facer aínda máis sinxelo e simple o novo modelo de festas, que permitirá ásasociacións ter unha maior participación nestas celebracións”, indicou o concelleiro de Cultura e Turismo, GonzaloCastro. As entidades que o desexen poderán ser asesorados por persoal do IMCE e da Concellaría de Cultura e Turismo.
Nos vindeiros días está previsto que se publique no Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS) e no Boletín Oficial da Provincia (BOP) as bases para que as entidades veciñais poidan concorrer a estas axudas públicas. “Tale como explicamos na última reunión ante as asociacións, o único requisito que precisarán para optar a esta subvención é un proxecto e unha memoria das celebracións, documentos que xa viñan presentando ata o de agora”, sinalou Gonzalo Castro.
O Goberno de Inés Rey, con este novo sistema de axudas as entidades para a realización das festas de barrio, busca tamén aumentar a transparencia na xestión dos recursos públicos destinados a ditos festexos, á vez queda maior liberdade a cada asociación para a configuración das súas festas, ademais de contribuír a facilitar a planificación de cada entidade organizadora.