O Concello aproba a construción dun edificio 32 vivendas no barrio do Castrillón

ACoruñaXa
O Concello da luz verde á construción dun edificio de 32 vivendas, garaxes e rochos entre os números 10 e 22 da rúa Montes, ao leste do parque de Oza, no barrio do Castrillón
Imaxe recurso da construción dun edificio
6 Mar 2024

Durante a Xunta de Goberno Local deste mércores fíxose balance das licenzas resoltas no período entre os días 16 e 29 de febreiro, con 174 expedientes notificados, dos que 15 foron licenzas urbanísticas e 90 foron obras en réxime de comunicado.

Entre as licenzas concedidas, e como expediente particular, cómpre destacar a que habilitará á Inmobiliaria Masar para construír un edificio de 32 vivendas, garaxes e rochos entre os números 10 e 22 da rúa Montes, ao leste do parque de Oza, xa no barrio do Castrillón. “O soar en cuestión forma parte do bloque comprendido entre a rolda de Outeiro e as rúas Montes, Montiño e Carballo. Actualmente, ao estar baleiro, tamén supoñía un risco en materia de seguridade e insalubridade”, subliñou a alcaldesa, Inés Rey, na súa intervención posterior ante os medios de comunicación.

Explican desde o Concello que as obras terán que comezar en seis meses, unha vez que se notifique a concesión de licenza, e o prazo de execución será de vinte meses desde a posta en marcha dos traballos, que suporán un investimento de 1,9 millóns de euros.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1954619884491