O Comité de Seguimento do programa de desenvolvemento rural de Galicia reuniuse en Curtis
ACoruñaXa
Nesta xuntanza avaliouse a marcha do PDR galego, que acada xa unha execución financeira de máis do 83% do seu importe total
20 Jun 2024
O secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural, Jorge Atán, presidiu este xoves en Curtis o 39º Comité de Seguimento PDR 2014-2022.
Nesta xuntanza avaliouse a marcha do PDR galego, que acada xa unha execución financeira de máis do 83% do seu importe total. Isto significa que xa se executaron por parte da Xunta máis de 1.300 millóns de euros ao abeiro deste programa, e ademais que o grao de aplicación do PDR supera en seis puntos a media nacional, que se sitúa no 77,2%.