O Club Natación Ordes pecha o Galego Alevín con dúas pratas e unha participación histórica

ACoruñaXa
Dez nadadores ordenses competiron na cita autonómica de verán, celebrada na piscina de Rías do Sur, nun campionato con 221 deportistas de 28 clubs galegos
ORDES club natación (2)
26 Jun 2026

O Club Natación Ordes despediu practicamente a tempada cunha destacada actuación no Campionato Galego Alevín de Verán, disputado esta fin de semana na piscina de Rías do Sur, en Pontevedra. A cita reuniu 221 deportistas de 28 clubs de toda Galicia e serviu como unha das grandes probas autonómicas de peche do curso.

A entidade ordense chegou á competición coa súa representación máis ampla neste campionato, formada por dez nadadores que conseguiron previamente as marcas mínimas necesarias para participar. O club destacou o traballo realizado durante toda a tempada polos deportistas máis novos, que volveron deixar boas sensacións na piscina.

O balance máis destacado chegou con dúas medallas de prata. Lía Amor subiu ao segundo chanzo do podio nos 200 bolboreta, mentres que Xian tamén acadou a prata nos 400 estilos, confirmando o bo momento competitivo do equipo.

Ademais dos podios, o Club Natación Ordes asinou varias mellores marcas persoais. Yoel mellorou nos 50 libre, 50 costas e 100 libre; Abel fíxoo nos 50 libre; Carla, nos 200 costas; Cosme, nos 50 libre e 50 braza; Lía, nos 50 libre, 50 braza e 200 bolboreta; e Paula, nos 50 braza.

O campionato rematou co CN Ferrol como gañador da clasificación conxunta, seguido polo CN Ponteareas e o CN Portamiñá. Para o Club Natación Ordes, a cita supón un broche positivo a unha tempada marcada pola progresión da súa base e pola presenza crecente en competicións autonómicas.

0.13314199447632