O Club de Lectura da Biblioteca Rialeda de Oleiros organiza un roteiro cultural e literario

ACoruñaXa
Poderán participar na actividade todas as persoas participan ou participaron nas tertulias literarias organizadas no establecemento municipal
Biblioteca Rialeda en Perillo
Biblioteca Rialeda en Perillo
25 mar 2024

Con motivo da celebración do 25 aniversario dos Clubs de Lectura e Tertulias literarias na biblioteca Rialeda, situada en Oleiros, o Concello organiza un Roteiro Cultural e Literario conmemorativo que terá lugar o sábado 13 de abril de 2024.

O roteiro cultural esta dirixido a todas aquelas persoas que participan ou participaron nas tertulias literarias organizadas no establecemento municipal.

O programa das visitas é o seguinte:

  • 9.30 horas: punto de encontro na Biblioteca Central Rialeda.
  • 9.50 horas: traslado en autobús ao Castelo de Santa Cruz.
  • 10.15 horas–11.00 horas: visita ao Castelo de Santa Cruz. Breve explicación sobre a súa historia. Panorámica da exposición Obxectomanía. Unha historia singular do coleccionismo.
  • 11.00 horas–11.10 horas: saída do castelo e traslado en autobús ao Pazo de Xaz.
  • 11.30 horas-12.20 horas: visita ao exterior do Pazo de Xaz. Vida, pazos e literatura: unha fascinación.
  • 12.20 horas: traslado en autobús ao Pazo do Río.
  • 12.35 horas–13.35 horas: visita ao exterior do Pazo do Río. Semblanza literaria dos 25 anos dos clubs de lectura.
  • 13.35 horas: traslado en autobús á Biblioteca Central Rialeda. Fin do roteiro.

Toda persoa interesada en participar no roteiro poderá inscribirse a través do correo electrónico biblioteca.rialeda@oleiros.org, no teléfono 981 639 511 ou acudindo pe forma presencial á Biblioteca Central Rialeda.

Ademais, haberá un xantar organizado polos propios participantes dos clubs de lectura. As persoas que desexen participar del poden anotarse no teléfono 667 078 505 ata o 27 de marzo.