O Club Brigantium de Arteixo gañadores da liga galega Benxamín de hóckey liña

ACoruñaXa
Ademais, as rapazas da categoría feminina conseguiron fixerse co terceiro posto da competición galega
Imaxe dos deportistas do Club Brigantium de Arteixo
Imaxe dos deportistas do Club Brigantium de Arteixo
6 may 2024

O Club Brigantium de Arteixo, disputou o sábado 4 de maio en Ourense os playoff de hóckey liña das ligas autonómicas das categorías de Benxamín e Feminino.

Na categoría Feminina, os resultados para o club foron os seguintes: nas Semifinais as mozas perderon por 5-1 contra as luguesas de Lostregos. Posteriormente enfrontáronse polo terceiro e cuarto posto contra as Ourensás de Morcegos. Con vitoria para as de Arteixo por un axustado 4-5.

Doutra banda, na categoría Benxamín, gañaron en semifinais con contundencia a Meigas de Lugo por un 10-2. Na final os de Brigantium Arteixo sufriron pero terminaron levándose a vitoria por 5-2 contra Galicia Roller de Coruña.

Deste xeito, a pasada fin de semana os Alevíns do club facíanse co título Autonómico e esta fin de semana son os Benxamines os que se levaron a copa para Arteixo.