O CITEEC da UDC organiza o ciclo de conferencias 'CITEEConto o que facemos...!'
O Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) da Universidade da Coruña inicia este mes de abril a 2ª edición do "CITEEConto que facemos...!". Trátase dun ciclo de conferencias nas que se falará sobre temas de vangarda relacionados coas diversas áreas tecnolóxicas do centro.
Neste sentido, a primeira actividade do ciclo ía a ter lugar mañá xoves, día 25 de abril, ás 12.30 horas, na sala de visualización do CITEEC (Campus de Elviña) e ía a ser impartida por Blas Cantero, investigador postoutoral Juan de la Cierva do CITEEC, e versará sobre o deseño de formigóns ecoeficientes para incrementar a súa vida útil con cinzas de biomasa forestal. Sen embargo, os organizadores do evento informaron da cancelación do evento debido a causas externas.
Blas Cantero Chaparro é Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas pola Universidade de Estremadura, Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos pola Universidade Europea de Madrid, e doutor con mención internacional e premio extraordinario de doutoramento pola Universidade de Estremadura no ano 2021. Desde decembro de 2022, traballa como investigador postdoutoral do programa Juan de la Cierva Formación Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, dentro do Grupo de Construción (gCons).
As súas principais liñas de investigación atópanse dentro campo da sustentabilidade na construción, baixo os principios de economía circular. Isto inclúe, en particular, a valorización de residuos da actividade industrial - tanto de construción e demolición como forestais -abordándoos desde unha dobre vertente: como árido e adición activa na fabricación de formigóns eco-eficientes, e como novos conglomerantes alternativos en formigóns activados alcalinamente. Ao longo da súa carreira investigadora, publicou 17 traballos de investigación en revistas de alto impacto recollidas no “Journal Citation Report (JCR)”, contribuíu con 2 capítulos de libros e presentou 15 comunicacións en congresos científicos, tanto nacionais como internacionais. Tamén é revisor habitual en diferentes revistas científicas no campo da enxeñería e construción. Ademais, realizou diferentes estancias no Instituto Superior Técnico de Lisboa e no Instituto de Ciencias da Construción Eduardo Torroja (CSIC).
As seguintes conferencias do ciclo Terán lugar nos meses de maio e xuño. O 30 de maio Pablo Guindos, investigador Ramón y Cajal do CITEEC, falará sobre os avances na enxeñaría estrutural con madeira, e o 27 de xuño será Orlando García, investigador Juan de la Cierva, quen falará da modelización hidráulica para predicir o risco de inundacións. Está previsto que o ciclo retome a actividade despois do verán, con novos relatorios aínda pendentes de confirmación.