O ciclo de teatro infantil 'Bebe Show' trae este venres a Arteixo o espectáculo 'Puño puñete'

ACoruñaXa
Un espectáculo onde a rapazada de 1-6 anos poderán desfrutar de preciosas cancións e divertidas historias con música en directo
Imaxe do espectáculo 'Puño puñete'
Imaxe do espectáculo 'Puño puñete'
11 Xuño 2024

O circuíto 'Bebe Show' na Capela do Balneario de Arteixo ofrece unha marabillosa oportunidade para que as familias gocen dun espectáculo especialmente deseñado para a primeira infancia.

Este venres 14 de xuño ás 18.30 horas Baobab Teatro presentará 'Puño puñete', unha experiencia máxica para gozar coas crianzas e as súas familias.

Un espectáculo onde a rapazada de 1-6 anos poderán desfrutar de preciosas cancións e divertidas historias con música en directo. Unha oportunidade única para que esperter os cinco sentidos a través da oralidade e os contos.

As entradas poderán collerse unha hora antes da función na Billeteira do Centro Cívico de Arteixo ata completar a capacidade da sala (60 localidades).

0.15757012367249