O Centro Sociocultural Ágora oferta a mostra ‘Converxencias, arte e ciencia: Escher’

ACoruñaXa
Unha exposición interactiva que permite unha aproximación lúdica aos fenómenos científicos
BCP_BORREGO_EXPO_CONVERXENCIAS_AGORA_0
29 Jan 2025

O Centro Sociocultural Ágora acolle a mostra ‘Converxencias, arte e ciencia: Escher’, que organiza o Concello da Coruña xunto coa Institución Galega de Ciencia (Igaciencia). O concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, visitouna e puido compartir o comezo das actividades didácticas co alumnado do IES de Meaño pontevedrés e do IES Rafael Dieste da Coruña.

“Desde o Goberno de Inés Rey levamos varios anos colaborando nesta mostra, pois entendemos que as novas xeracións deben adquirir interese pola ciencia e a súa
importancia para a sociedade e o planeta”, indicou o concelleiro.

Esta mostra enmárcase dentro do proxecto que vén desenvolvendo Igaciencia de
actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, especialmente para
mostrar as sinerxias e vínculos entre a arte e a ciencia. Ademais de ser unha exposición
gratuíta e de acceso libre para a cidadanía, esta iniciativa conta con actividades didácticas
para centros educativos, que van dirixidas ao alumnado de ESO, Bacharelato e FP, tanto da
Coruña como do resto de Galicia.

A mostra estará dispoñible hasta este venres, 31 de xaneiro, en horario de 15.00 a 21.00
horas para o público xeral. Durante as mañás desenvolveranse as visitas educativas.
Trátase dun exposición interactiva que permite unha aproximación lúdica aos fenómenos
científicos coa finalidade de enganchar á xente nova ao gusto pola ciencia.

O núcleo central é a obra de Maurits Cornelis Escher (1898-1972), especialmente a
realizada a partir de 1937. Escher é un dos artistas contemporáneos máis recoñecido e
encomiado pola comunidade científica internacional, que considera a súa obra como un
símbolo da relación entre a arte e a ciencia. Unha icona universal apaixonada polo coñecemento que utilizou as matemáticas, a astronomía, a óptica, a cristalografía e a
xeometría nas súas creacións artísticas.

0.16031908988953