O Centro de Información á Muller de Curtis oferta dous talleres gratuitos

ACoruñaXa
O centro oferta un taller de ma-paternidade e outro de autocoidado dirixido a mulleres
Imaxe do taller de cerámica do Concello de Curtis
21 Maio 2024

A Área de Igualdade do Concello de Curtis, a través do Centro de Información á Muller, vén de organizar un taller terapéutico impartido por Sara Sal Cerámica.

Neste taller traballouse a autoestima, a expresión emocional, o control do estrés entre outros moitos beneficios sociais, emocionais e creativos a partir da creación de dúas pezas realizadas con arxila, en concreto unha taza e un prato de almorzo.

Ademais deste taller, o CIM tamén vén de lanzar 'Xornadas de ma-paternidade' na que se realizarán dous talleres, un de posparto e lactancia o martes 21 de maio e outro de alimentación complementaria BLW o 4 de xuño. Finalmente tamén vén de comunicar a realización do taller 'Muller e autocoidado' que se realizará o 28 de maio en Curtis e o 6 de xuño en Teixeiro.

440470047_830953889064460_5637728554729525156_n
0.34580993652344