O centro de día e residencial de Arteixo celebra unha xornada de portas abertas
ACoruñaXa
O día da cita con motivo do 5º aniversario do complexo será o xoves 29 de febreiro
7 Feb 2024
A residencia para a terceira idade de Arteixo terá un día de portas abertas o xoves 29 de febreiro. Unha xornada na que todo aquel que estea interesado en coñecer o funcionamento e as instalacións do centro dende o seu interior poderá solicitar unha praza.
O tempo de visita será dunha hora das 11.00 horas ata as 12.00 horas. Para poder participar no encontro é necesario confirmar asistencia a través do número de teléfono 981 119 240 antes do mércores 21 de febreiro.