O Centro Cultural Ágora acollerá o 'Congreso de Narrativas' o 14 de decembro

ACoruñaXa
Escritoras, escritores e profesionais reflexionarán sobre o sistema literario galego en mesas redondas e debates abertos
congreso de narrativas
8 Dec 2024

O Centro Cultural Ágora será o escenario do Congreso de Narrativas o vindeiro sábado 14 de decembro, un encontro dirixido a analizar a situación do sistema literario galego e os temas que preocupan aos seus protagonistas. A cita contará con catro mesas de debate, nas que participarán escritoras, escritores e profesionais de ámbitos como o audiovisual e o xornalismo.

A xornada, que terá lugar na Aula 9 do Ágora, está aberta ao público e é gratuíta, pero require inscrición previa antes do mércores 11 de decembro no correo oficina@aelg.org.

Entre os temas que se abordarán destacan as novas narrativas na rede, as perspectivas da narrativa galega máis nova e a reflexión sobre como contar o mundo desde a literatura. O evento rematará cun peche musical a cargo de A Lingua do Eléctrico.

O programa detallado do congreso é o seguinte:

  • Presentación: 10:15 h
  • Mesa 1 (10:30 h - 12:00 h): Outras narrativas: historias e relatos na rede, na prensa e no audiovisual.
    Relatoras/es: María Yáñez, Ismael Ramos e Álvaro Gago.
    Modera: Berta Dávila.
  • Mesa 2 (12:30 h - 14:00 h): Moito conto: contar o mundo que soñamos.
    Relatoras/es: Lara Dopazo, Xabier Paz, Xurxo Borrazás e Santiago Jaureguizar.
    Modera: Xavier Queipo.
  • Mesa 3 (16:30 h - 18:00 h): O mundo na palma dunha man.
    Relatoras: Marica Campo, Érica Esmorís e Fina Casalderrey.
    Modera: Beatriz Maceda.
  • Mesa 4 (18:30 h - 20:00 h): A narrativa galega máis nova: temas, enfoques e perspectivas.
    Relatoras/es: Sica Romero, Fabio Rivas e Alba Guzmán.
    Modera: Xosé Monteagudo.
  • Peche musical (20:00 h): A Lingua do Eléctrico.

O programa completo e máis información están dispoñibles na web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).

⚙ Configurar cookies
0.092005014419556