O Centro Cultural A Fábrica acolle unha exposición de Miguel Golmayo sobre o éxodo

ACoruñaXa
A mostra estará aberta ao público ata o 27 de novembro en Oleiros
Pintura de Miguel Golmayo
11 Nov 2024

O mércores 13 de novembro, ás 20:00 horas, o Centro Cultural A Fábrica de Oleiros inaugurará a exposición de pintura “Éxodo e regreso”, do artista Miguel Golmayo. Esta colección de obras explora a temática do desprazamento, o retorno e a identidade, reflexionando sobre as emocións vinculadas a partir e regresar ao fogar.

A exposición permanecerá aberta ata o 27 de novembro no hall do Centro Cultural. O público poderá visitala de luns a venres, de 9:00 a 15:00 horas e de 17:00 a 21:30 horas, e os sábados de 10:00 a 13:30 horas. A entrada é libre, e esta mostra diríxese a todos os públicos, brindando unha oportunidade única para coñecer a visión artística de Golmayo.

0.19281411170959