O CeMIT de Sada organiza unha charla de ciberseguridade para principiantes

O vindeiro luns, 11 de novembro, a aula CeMIT de Sada acollerá unha charla gratuíta sobre ciberseguridade titulada 'Ciberseguridade: Os teus primeiros pasos'. Esta sesión, programada de 10:00 a 11:30 horas, ten como obxectivo ofrecer ferramentas e recomendacións prácticas para axudarnos a protexer a nosa información persoal e a navegar por Internet de forma máis segura.
Durante a charla, abordarase a importancia de coñecer os riscos actuais na era da dixitalización, tanto para a nosa información como para as nosas comunicacións. Tamén se ofrecerán consellos sobre como recoñecer fraudes online, protexer redes sociais e verificar a fiabilidade das fontes en Internet.
Esta actividade está aberta a todas as persoas interesadas e para asistir só é necesario inscribirse a través da web da aula CeMIT de Sada: Inscrición. Unha oportunidade perfecta para dar os primeiros pasos cara a unha navegación máis segura e informada.